Don Giovanni - A nossa Babel de línguas
Ferrucio Furlanetto as Leporello and Bryn Terfel as Don Giovanni
Photo: Winnie Klotz/Metropolitan Opera
A Internet e as suas surpresas. Para quem procura informação, os sites de buscas apresentam-nos resultados muito curiosos.
Agora mesmo, no intuito de dar uma vasculhada na nossa ópera desta semana, topei com uma sinopse muito curiosa. Tenho certeza que lerão o texto abaixo (e entenderão) com a mesma curiosidade com que li.
Prometo que amanhã, aos que se sentirem intrigados com o texto, coloco aqui qual a lingua em que o texto está escrito.
Don Giovanni | WOLFGANG AMADEUS MOZART
ACTO I
Cadro I
En Sevilla, a mediados do século XVII. Don Giovanni entrou na casa de Dona Anna para obter o seu amor pola forza. Ela resístese e rexéitao, aínda que non logra descubrir a súa identidade. O estrondo esperta ao Comendador, pai da moza, que sae e desafía en dó ao burlador. Don Giovanni mata ao Comendador e foxe co seu criado Leporello. Dona Anna e mais o seu prometido, Don Ottavio, regresan e atopan o cadáver. Don Ottavio trata de consolar á súa amada e xura vingar o crime.Cadro II
Unha rúa deserta. Don Giovanni e Leporello atópanse con Dona Elvira, unha dama de Burgos á que noutro tempo seduciu Don Giovanni, e desde aquela non o deixa de perseguir. Don Giovanni consegue fuxir e deixa a Leporello que lle amose o catálogo das conquistas do seu amo.Cadro III
No campo. Un grupo de mozos festexa a voda de Zerlina e Masetto. Don Giovanni e Leporello únense á alegre compañía. Don Giovanni disponse a seducir á moza, mentres Leporello desvía a atención de Masetto. Dona Elvira chega a tempo de previr a Zerlina e afástaa de alí. Dona Anna e Don Ottavio sospeitan de que Don Giovanni é o asasino do Comendador. A dama asocia a voz deste coa do sedutor que a intentou forzar. Don Giovanni ordénalle a Leporello que prepare todo para unha festa na súa casa á que están todos convidados, e na que pensa seducir a Zerlina.
Cadro IV
Xardín da casa de campo de Don Giovanni. Masetto repróchalle a Zerlina terlles prestado atención ás galantarías de Don Giovanni. Ela implora o seu perdón, porque o ama de todo corazón. Tres máscaras chegan á festa: Dona Anna, Dona Elvira e Don Ottavio, que son invitados a entrar. A festa está no seu apoxeo cando os berros de Zerlina, desde unha antecámara, deixan ao descuberto os propósitos do sedutor. Don Giovanni consegue implicar a Leporello, e así señor e criado atopan o tempo necesario para salvar a vida.
ACTO II
Cadro I
Don Giovanni e mais o seu criado atópanse na porta dunha hospedaría. O burlador, vestido coa roupa do seu criado, disponse a lle cantar unha serenata á criada de Dona Elvira, mentres Leporello, vestido coa roupa do seu señor, distrae a atención da dama. Chega Masetto, tolo de cólera e armado con mosquete e pistola. Don Giovanni, que se fai pasar por Leporello, quítalle as armas e golpéao. Zerlina atópao só e humillado e ofrécelle o bálsamo máxico do amor para aliviar a súa dor.Cadro II
Na súa casa, Dona Anna, acompañada por Don Ottavio, Zerlina e Masetto, rodea ao finxido Don Giovanni. Pero Leporello revela a súa identidade e, despois de implorar perdón, consegue fuxir. Unha vez máis, Don Ottavio trata de consolar a súa amada. Ao quedar soa, Dona Elvira confesa que aínda ama a Don Giovanni, malia os sufrimentos que padeceu por el.Cadro III
Don Giovanni e Leporello atravesan o cemiterio, onde se atopa a estatua do Comendador. Para mofarse, Don Giovanni convida á estatua a cear na súa casa esa mesma noite. Unha voz espectral sae da tumba e acepta a invitación.Cadro IV
Mentres Don Giovanni goza do seu banquete, Leporello aliméntase das sobras que deixa o seu señor. Dona Elvira intenta por última vez que Don Giovanni abandone a súa conduta, pero é en van. Cando sae, a dama emite un berro aterrador. Leporello vai comprobar o sucedido e queda petrificado ao ver que a estatua se achega. Don Giovanni négase a arrepentirse e é arrastrado ao inferno. Os demais personaxes volven e Leporello cóntalles o misterioso final do seu señor. Todos entoan daquela o proverbio da obra: “Este é o final de quen obra mal. E, dos pérfidos, a morte é sempre igual á vida”.
Eis um texto intrigante...
Jacques
PS: Tenham paciência, surpresas só acontecem depois de prontas, fiquem ligados...
:
Postar um comentário
<< Home